E cando un se pregunta: para que preciso dos subtítulos se xa teño o audio?

sto é certo, mais se queremos ser inclusivos, é necesario facilitar o contido para as persoas con discapacidade auditiva e mesmo para as audiencias que ouven perfectamente pero non entenden o idioma orixinal. Por ese motivo facilitamos subtítulos para contidos que van desde anuncios, a vídeos promocionais, a cursos en vídeo, a longametraxes e curtametraxes, etc. coa intención de comunicar e abranguer públicos máis amplos.
Hai moitas persoas que pensan que isto se fai sen intervención humana, xa que en Youtube e outras plataformas utilízase un complemento baseado en IA para captar o audio e pasalo a formato de subtítulos: pois para ollos expertos, o resultado é moi deficiente. Alén de que a máquina pode fallar cando recoñece o discurso falado xa que un falante natural ten acento, comete erros de dición ou omite sílabas ao pronunciar: os súbtítulos son unha representación resumida do discurso falado e iso ten moito traballo por detrás.
Mesmo, os subtítulos varían en número de caracteres dependendo de se son destinados para a televisión, para audiencias con discapacidade auditiva, para mostrar na internet en xeral, para Netflix, etc. Por isto os nosos subtituladores están especializados e teñen en conta todos estes parámetros antes de poñerse ao choio a partir da transcrición ou guion de audio. Pregúntenos e asesorarémolo sobre todos estes aspectos.
Tradurrutia tamén proporciona servizos de transcrición tanto de vídeo como de audio, de maneira que pasamos a texto o que se narra nun vídeo, como entrevistas, documentais, vídeos de márketing, etc. e o mesmo a partir de gravacións de audio como actas de reunións, entrevistas coas partes para tribunais de xustiza, arbitraxes, interrogatorios e vistas orais.