Interpretación de acompañamento… como cando segues a un guía nun museo?

Pois é certo que hai casos onde se segue a un guía ou a unha persoa que explica algo en itinerancia, pero tamén ocorre que o que fala pode estar nun lugar fixo, como nun posto dunha feira, e quen se despraza é o público ou persoa que está sendo acompañada. Este é un servizo habitual que se presta para delegados comerciais, executivos visitantes e particulares que necesitan un apoio lingüístico completo nun país ou rexión onde non falan o seu idioma.
Prestamos este servizo exclusivo para clientes que visitan feiras comerciais, que van de viaxe para presentar os seus produtos ou servizos a un público dado ou que precisan asistencia para realizar trámites legais en notarías, despachos de avogados, coa administración pública, entidades de seguros ou de prestación de servizos sanitarios. Alén disso, tamén proporcionamos este servizo durante asistencias técnicas en fábricas, instalacións industriais e contextos onde hai que estarse a mover sen parar… seguindo a acción.
Tradurrutia conta cunha dilatada experiencia en contextos de taller, como durante os 3 anos en que Astilleros Navantia de Ferrol prestou formación técnica a enxeñeiros navais do estaleiro ASC de Adelaida (Australia) para ver en directo e fase por fase a construción das fragatas F-100 deseñadas para a armada española. E da mesma forma acompañamos a propietarios de concesionarios Mini-BMW de España e Portugal por un intenso percorrido entre workshops, circuítos e demostracións prácticas en pista de varios días de duración cando saíron ao mercado o Mini Countryman, Mini Electric e BMW i7.
Podemos ser os seus compañeiros cando nos necesite e contamos con equipos que facilitan a prestación destes servizos sobre a marcha.