Saltar ao contido

Interpretación de ligazón… é cando se interpreta dunha forma mais íntima?


Pois em parte si, xa que se trata do servizo de interpretación sem equipos como emisor-receptor ou unha cabina de interpretación con consola, de maneira que o intérprete colócase no medio de duas partes ou máis, escoita o que di unha nun idioma, interpreta para a outra ou outras, espera a reacción ou resposta desta e interpreta de volta ao primeiro idioma. Como é de entender, trátase dun servizo que se presta en persoa.

Este servizo dedicado permite cubrir eventos que poden ir do público como entrevistas coa prensa ou de figuras públicas: como cando a prensa galega entrevistaba a Anatoli Karpov en Vigo coa nosa axuda ou cando o programa Carne Crúa trasladouse de Madrid a Vilagarcía de Arousa para entrevistar a Joe Dante, creador dos Gremlins entre outros moitos títulos, durante o Festival de Cinema Fantástico e de Curtas como poden ver a imaxe a continuación.

Alén diso, temos clientes e encomendas onde a confidencialidade é a chave, polo que a interpretación bilateral ou de ligazón se tercia como a mellor alternativa para que quen fala e a información que se transmite fique entre as 3 partes: os emisores de cada idioma e o intérprete que media entre eles. Isto é xusto o caso de entrevistas psicolóxicas para atención ao refuxiado internacional, cando se realiza o Protocolo de Istambul durante unha sesión cun solicitante de asilo, durante auditorías en fábricas, instalacións industriais ou nas sedes de grandes compañías auditoras etc. Todo aquilo que non pode pasar por unha máquina, que non debe ser gravado, que non pode quedar rexistrado ao tratarse de datos sensíbeis, confidenciais ou de carácter persoal.

Tradurrutia entende a importancia de todos estes aspectos e por iso asinamos acordos de confidencialidade cos nosos clientes para garantir a nosa discreción e que toda a información que se manexe será gardada em total seguridade… na mente do intérprete. Fale connosco e cóntenos cales son as súas necesidades concretas.