Un mundo en palabras
O equipo
Somos un equipo multidisciplinar de licenciados en Tradución e Interpretación que traballamos en cadena para ofrecer un servizo integral de tradución, interpretación, xestión de proxectos, subtitulación, maquetación e edición web, entre outros. Pero máis que ninguna outra cousa, o noso desempeño mídese en termos de calidade, ou dito noutras palabras: non facemos aquilo do que non podemos garantir o seu éxito.
Como peme que traballa no sector das comunicacións e con proxección cara a múltiples áreas, o noso empeño é facilitar as comunicacións humanas, contidos e a documentación a empresas e individuos por igual. A nosa visión é manter unha axencia de tradución sustentable e cando falamos de sustentabilidade, referímonos ao feito de manter uns estándares de calidade e á rendición de contas polo noso traballo.
Queremos ser os seus aliados ou correspondentes en diferentes idiomas e o noso lema, Un mundo en palabras, expresa o que somos e o que facemos no día a día: ser comunicadores, os seus correspondentes e ofrecer contidos multilingües a través da tradución e a localización (adaptación ou naturalización para un mercado ou público obxetivo), encomendas de interpretación e xestión de proxectos lingüísticos.
Xestión de proxectos
Servizos de texto
Tradución de documentos simples e traducións xuradas oficiais (Xunta de Galicia e Ministerio de Asuntos Exteriores). Temos as ferramentas de procesamento de textos para convertir os seus documentos e PDF en textos editables e poder traducilos e revisalos da forma máis eficiente posible, xa sexan para cursar instancias oficiais, publicar na web ou para actividades comercias e de marketing.
Revisión profesional de textos, desde informes a documentacion, probas de maqueta, publicacións en webs e redes sociales a investigacións e universitarios.
A localización consiste nunha tradución adaptada a un contexto e mercado obxectivo, como ao traducir para o mercado español europeo ou ben latinoamericano, ou ao adaptar as millas e libras norteamericanas a km e kg. Trátase da arte de que o lector senta que está diante dun texto xenuinamente escrito no seu idioma e para o seu contexto ou mercado, sen deixar traza algunha da tradución do texto orixinal noutra lingua.
Traballamos desde 2004 na xestión integral de proxectos, desde a concepción do fluxo de traballo e asesoramento a clientes, á coordinación dos procesos e os actores nas distintas etapas, ao rexistro das entregas en sistemas informáticos como Plunet ou Wordbee para unha completa rastrexabilidade e seguimento de procesos. Temos traballo no cadro de persoal para diferentes axencias de tradución e equipos de tradución e é por iso que hoxe ofrecemos o noso persoal a outras axencias e empresas do sector por horas e adaptándonos aos seus propios sistemas, fluxos de traballo e procesos internos.
Sabemos que as necesidades de visualización e de chantar a súa presenza na Internet son chave para marcar a diferenza coa competencia, e que os formatos web, os requisitos SEO e as condicións en medios dixitais cambian a unha velocidade de vertixe. Como expertos en edición web, poñemos aos nosos talentos á súa disposición para poder mellorar, optimizar e levar os seus sitios web a novas cotas de eficiencia.
Coñecemos as ferramentas máis eficaces do mercado, o que nos pemite traballar axilmente e por unhas tarifas razoables, contamos con compañeiros expertos en Adobe suite e InDesign, polo que poderemos resolver as súas dúbidas e dar resposta ás súas necesidades de maquetación e alén diso temos experiencia de primeira man como colaboradores de grandes editoriais como Oxford University Press.
Cando os textos se volven indisociábeis da interface ou contexto onde aparecen, non só se comproba se a equivalencia entre idiomas é a correcta, senón que se ven e interactúan co usuario da maneira correcta, como na interface dun sistema informático, dentro dunha partida de videoxogo ou ao navegar por un sitio web. Este traballo coñécese como testing funcional ou QA (Quality Assurance) e é o que facemos e fixemos para desenvolvedores e empresas de testing.
Tamén coñecida como tradución híbrida, esta forma de traballo optimiza tempos, reduce os custos e produce textos mediante a interface máquina-humano, de maneira que os textos procesados por un motor de tradución con intelixencia profunda son logo un lingüista edíteos de forma manual ata dar como resultado textos naturais e traducidos con corrección.
Cando as necesidades de tradución van máis aló da conversión da mensaxe dun idioma a outro, nós contamos cos profesionais nativos con capacidades de edición e a creatividade para redactar textos a partir dunha base ou as indicacións que nos proporcione o cliente.
Noticias
¡Refalamos!
FW21 Americas Summit
Interpretando…
Interpretación en diferido
Nova pel
Tradurrutia renóvase
Valoraciones de Nuestros Clientes
2M Language Services
“Ignacio é un valioso membro do equipo e sempre podemos confiar na súa calidade e profesionalidade. Grazas, Ignacio polo teu gran traballo”.
US Translation Company
“Tradurrutia preocúpase de verdade, sendo un socio de confianza que cumpre de forma continuada e ofrece servizos do más alto nivel”.
TÜV Rheinland Ibérica Inspection, Certification & Testing S.A.
“Damos especial aprecio ao asesoramento, capacidades técnicas e profesionalismo desta empresa”.
Sure Languages Ltd
“Levamos moitos anos traballando con Ignacio, Elena e o seu equipo nunha serie de servizos lingüísticos, e esperamos seguir colaborando durante moitos máis. Realmente apreciamos o receptivos, amables e profesionais que son”.
Elete Traducciones SL
“Ignacio é un intérprete impecable, agradable e disposto a dar sempre o mellor para o cliente. Coida todos os aspectos do evento ao detalle ofrecendo un servizo profesional e da máis alta calidade”.
Deictis – UK
“Levo máis de 15 anos traballando semanalmente con Tradurrutia e espero seguir facéndoo durante moito tempo. Moi receptivos e flexibles, sempre entregan traducións de calidade e é un pracer interactuar con eles”.
ASIME (Asociación de Industrias del Metal y Tecnologías Asociadas de Galicia)
“Empresa profesional e cercana, colaboramos con eles habitualmente na tradución de diversas publicacións e na interpretación simultánea de eventos internacionais. Sempre tentan cumplir en tempo, custo e calidade”.