Un mundo en palabras
O equipo
Somos un equipo multidisciplinar de licenciados en Tradución e Interpretación que traballamos en cadena para ofrecer un servizo integral de tradución, interpretación, xestión de proxectos, subtitulación, maquetación e edición web, entre outros. Pero máis que ninguna outra cousa, o noso desempeño mídese en termos de calidade, ou dito noutras palabras: non facemos aquilo do que non podemos garantir o seu éxito.
Como peme que traballa no sector das comunicacións e con proxección cara a múltiples áreas, o noso empeño é facilitar as comunicacións humanas, contidos e a documentación a empresas e individuos por igual. A nosa visión é manter unha axencia de tradución sustentable e cando falamos de sustentabilidade, referímonos ao feito de manter uns estándares de calidade e á rendición de contas polo noso traballo.
Queremos ser os seus aliados ou correspondentes en diferentes idiomas e o noso lema, Un mundo en palabras, expresa o que somos e o que facemos no día a día: ser comunicadores, os seus correspondentes e ofrecer contidos multilingües a través da tradución e a localización (adaptación ou naturalización para un mercado ou público obxetivo), encomendas de interpretación e xestión de proxectos lingüísticos.
Interpretación
Somos intérpretes de conferencias certificados nas combinacións inglés<>español, inglés<>portugués e portugués<>español, con especialización nas áreas da produción industrial (sobre todo en construcción naval e automoción), o marketing, os seguros, as relacións empresariais, as tecnoloxías da información e a ciencias biosanitarias. Alén diso, colaboramos e xestionamos congresos e eventos para outras combinacións (con francés, alemán, italiano e xaponés) a través da nosa rede de colaboradores de confianza.
Proporcionamos servizos de interpretación simultánea, interpretación consecutiva, interpretación de enlace ou acompañamento, sexa in situ ou en remoto, con difusión en streaming a través de Youtube, StreamYard, Facebook Live ou calquera outro. Grazas ás nosas competencias técnicas, somos capaces de ocuparnos de todos os procesos e de xestionar a equipos diversos de lingüistas e técnicos para dar un servizo chave en man.
Podemos encargarnos de contratar as cabinas e equipos técnicos para eventos presenciais ou Zoom e outras tecnoloxías remotas que administramos internamente, mesmo moderando sesións a distancia para mesas redondas, cursos e presentacións empresariais. A continuación pode seleccionar o tipo de servizo desexado e ler unha breve descrición, así como a lista de eventos relacionados co mesmo:
A interpretación máis adecuada para formatos de reunións empresariais, visitas a feiras, misións en fábricas e entornos industriais para pequenos grupos.
A interpretación de elevada velocidade, onde se sigue o discurso para reproducir o 100% dos contidos cun mínimo desfase.
A interpretación onde se resume nuns minutos (grazas á toma de notas) un discurso máis extenso para non interromper o relator.
Os nosos servizos retransmitidos para grandes audiencias e eventos interpretados sen a urxencia do directo, ideias para crear vídeos con pistas de interpretación noutras linguas e para o marketing empresarial.
Procura as referencias que máis che interesan por sector de actividade.
Somos un equipo cualificado e con unha ampla experiencia na interpretación de congresos internacionais e simposios de distintos ámbitos.
Bota un ollo aos nosos eventos máis recentes aquí.
Filtra a lista de misións de interpretación polas combinacións que estás procurando.
Transcrición, subtitulación e gravación de voz
Proporcionamos servizos de subtitulación para contidos audiovisuais que van desde vídeos corporativos, entrevistas, cursos e presentacións de vídeo para a súa difusión en diferentes mercados. Da mesma forma, facilitamos a transcrición de contidos de vídeo a texto para a súa tradución ou edición para dobraxe. Alén diso, tamén gravamos voz en off (masculinas e femininas) noutros idiomas para a dobraxe de vídeos e mesmo no caso de eventos e congresos que non foron interpretados en directo, pero que se queren difundir mediante unha interpretación en diferido (consiste apenas nunha edición do vídeo a posteriori reemprazando o audio orixinal pola nova pista de audio coa interpretación). Aquí pódense ver algúns exemplos:
Transcrición en directo con programa de dictado de voz
Subtitulación de contidos de vídeo
Gravación de voz
Subtitulación en directo / refalado
Da mesma forma que poñemos a nosa voz noutra lingua ao favor dos ouvintes en congresos, reunións, presentación e outros eventos do máis variado, tamén ofrecemos as nosas palabras, tanto no idioma orixinal como a outros idiomas, para a inclusión de audiencias que precisan ler ou que presentan unha discapacidade auditiva que non lles permite seguir a narrativa sonora.
Para facelo, prestamos servizos de subtitulación en directo (tamén coñecido como refalado lingüístico) a través dunha combinación de competencias de interpretación simultánea, capacidade de síntese e paráfrase e axudados por tecnoloxías de dictado en directo e doutras para difusión por televisión ou Internet. Así conseguimos trasladar a texto as palabras de presentadores, como durante o directo da incorporación de Leo Messi ao PSG, a celebración do Día Internacional da Inclusión ou para o evento Game Development World de 24 horas de duración.
Este é un servizo de elevada especialización que pode ofrecerse na mesma lingua do evento (intralingüístico) ou cara a outra lingua (interlingüístico) e a través de múltiples plataformas, pero nós temos ao equipo de profesionais certificados necesario para poder ofrecelo con todas as garantías.
Noticias
¡Refalamos!
FW21 Americas Summit
Interpretando…
Interpretación en diferido
Nova pel
Tradurrutia renóvase
Valoracións dos clientes
2M Language Services
“Ignacio é un valioso membro do equipo e sempre podemos confiar na súa calidade e profesionalidade. Grazas, Ignacio polo teu gran traballo”.
US Translation Company
“Tradurrutia preocúpase de verdade, sendo un socio de confianza que cumpre de forma continuada e ofrece servizos do más alto nivel”.
TÜV Rheinland Ibérica Inspection, Certification & Testing S.A.
“Damos especial aprecio ao asesoramento, capacidades técnicas e profesionalismo desta empresa”.
Sure Languages Ltd
“Levamos moitos anos traballando con Ignacio, Elena e o seu equipo nunha serie de servizos lingüísticos, e esperamos seguir colaborando durante moitos máis. Realmente apreciamos o receptivos, amables e profesionais que son”.
Elete Traducciones SL
“Ignacio é un intérprete impecable, agradable e disposto a dar sempre o mellor para o cliente. Coida todos os aspectos do evento ao detalle ofrecendo un servizo profesional e da máis alta calidade”.
Deictis – UK
“Levo máis de 15 anos traballando semanalmente con Tradurrutia e espero seguir facéndoo durante moito tempo. Moi receptivos e flexibles, sempre entregan traducións de calidade e é un pracer interactuar con eles”.
ASIME (Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia)
“Empresa profesional e cercana, colaboramos con eles habitualmente na tradución de diversas publicacións e na interpretación simultánea de eventos internacionais. Sempre tentan cumplir en tempo, custo e calidade”.