Saltar al contenido

Que é a PEMT? Acaso non é o mesmo que Google Translate?


Imaxe dun tradutor traballando- Tradurrutia

Como dicía aquel: “si e non”… resulta que parte da sigla si que significa tradución automática (Machine Translation en inglés), porén a parte máis importante é a de “posedición”… De feito, son poucas as veces en que editamos cousas que veñan de Google Translate, xa que hoxe hai numerosos outros motores que traballan con aprendizaxe profunda e que reciben datos de xigantescos tesauros e bases de datos con traducións humanas.

Este tipo de servizo que non parte dunha tradución xenuína e 100% humana, pode resultar máis conveniente alí onde hai que gañar tempo —xa que ao ter unha base escrita pódese avanzar a gran velocidade — e diñeiro—, xa que a intensidade da tarefa do lingüista ao ter un esbozo do texto é menor que cando se traduce de cero.

Con todo, trátase dunha tarefa para o ollo ben adestrado, xa que resulta difícil advertir onde unha estrutura ou unha palabra non encaixan ou non son as mellores opcións nun contexto dado cando todo é perfectamente entendible ou correcto desde o punto de vista ortográfico e gramatical.

O mesmo ocorre coa sintaxe, xa que cada idioma ten o seu fluxo, as súas estruturas e as súas preferencias na composición dos textos, polo que un texto nunha lingua latina que presenta parágrafos cheos de oracións simples seguidas de punto, en lugar de oracións subordinadas, fainos pensar na sintaxe do inglés, e o mesmo pasaría á inversa se escribísemos en inglés.

Este tipo de servizo é o preferido para clientes que teñen que traducir moi grandes volumes de palabras, non teñen case prazo para executar un proxecto ou cuxo orzamento non lles permite pagar unha tradución profesional 100% humana. Non é que o resultado sexa mellor nin peor comparado coa tradución humana, pero se non está seguro do servizo que escoller mellor, deixe que nós analicemos os seus materiais, o conxunto do proxecto e asesorarémoslle.