Saltar al contenido

Revisión… Eu xa paso o corrector ao acabar de escribir.


Imaxe duns tradutores traballando- Tradurrutia

Ben, entón estás no bo camiño. Con todo, cando falamos de revisar, falamos de facer un escáner entre o idioma de orixe e de destino a diferentes niveis: ortográfico, gramatical, sintáctico, estilístico, así como a súa adecuación para a audiencia ou sector ao que vai dirixido… Non queremos un texto con tratamento informal (ti) dirixido a un público especializado ou a usos institucionais.

No noso equipo tomámonos moi en serio a fase de revisión como salvaguarda da calidade final dos textos. De feito, nos nosos proxectos editoriais, propoñemos ata 3 fases de revisión: unha en formato bilingüe contra o texto de orixe, unha segunda sobre maqueta ou PDF para ver os textos finais no seu formato albo e por último unha fase de aprobación de copia editorial coa que asegurar que o chega ao público cumpre con todos os niveis de lexibilidade e calidade que cabe esperar dun proxecto literario.

Por suposto que temos revisións de textos escritos nun idioma e que non veñen dunha tradución, nese caso aplicamos os mesmos filtros de corrección a diferentes niveis e documentámonos para manter a terminoloxía, a mesma liña narrativa e o estilo da autora.

Hai que dicir que revisar é unha tarefa para o ollo adestrado, porque por baixo de calquera tradución, mesmo sendo boa, o revisor é capaz de albiscar a estrutura do texto orixinal e o seu labor é xustamente facer que eses trazos resulten indetectables, como ao pasar o anciño por un xardín zen, e que os textos parezan xenuinamente escritos na lingua de chegada.

Somos especialistas en naturalizar e conseguir a adecuación dos textos para o seu fin e audiencia concreta. Fale connosco e cóntenos que busca para que podamos axudala.