Tradución… Para que pagar por iso se Google tamén o fai?
Crer isto é camiñar por un carreiro perigoso… Sobre todo polos resultados! Efectivamente, a informática e a tradución automática están ao alcance de todo o mundo e son gratuítas, polo que nós ofrecemos traducións humanas da man de profesionais acreditados, traducións que fan posible tender pontes entre xentes, culturas e países sexa cal sexa o fin específico das mesmas.
Así é, traballamos cun nutrido equipo de lingüistas especializados en diversos campos como legal, financeiro, médico, industrial, márketing, etc. —algúns deles como parte do cadro de persoal e outros como socios externos—, e con quen levamos colaborando desde hai máis dunha década para ofrecer os mellores resultados.
Dispoñemos de ferramentas especializadas coas que manter a coherencia interna das traducións para cada cliente: non importa se traballou unha vez connosco hai 2 anos, xa que as nosas “memorias de tradución” permítennos retomar as traducións entregadas anteriormente e axustarnos ás eleccións de entón para manter a coherencia e a súa imaxe.
Ademais de tradución simple, ofrecemos servizos especializados como tradución xurada nas seguintes combinacións:
español | <> | inglés |
español | <> | francés |
español | <> | portugués |
español | <> | galego |
español | <> | italiano |
español | <> | alemán |
inglés | <> | francés |
Aínda que temos redes de colaboración que nos permiten abarcar moitos outros idiomas.
Somos tradutores de oficio e prezámonos de facer un bo traballo, polo que non nos comprometemos a traducir ou a facer aquilo que non está dentro das nosas competencias ou cando o prazo non nos permite entregar o mellor traballo posible.
Consúltenos libremente as súas necesidades e estaremos encantados en asesoralo.